Homo sum et nihil humanum a me alieno puto

martes, 19 de mayo de 2009

A Benedetti, in memoriam



En recuerdo del recientemente fallecido Mario Benedetti, poeta del amor, de la sencillez, del juego verbal y del acontecer cotidiano, dejo aquí uno de sus poemas más conocidos:
TÁCTICA Y ESTRATEGIA


Mi táctica es
mirarte
aprender como sos
quererte como sos.

Mi táctica es
hablarte
y escucharte
construir con palabras
un puente indestructible.

Mi táctica es
quedarme en tu recuerdo
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
pero quedarme en vos.

Mi táctica es
ser franco
y saber que sos franca
y que no nos vendamos
simulacros
para que entre los dos
no haya telón
ni abismos.

Mi estrategia es
en cambio
más profunda y más
simple.

Mi estrategia es
que un día cualquiera
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
por fin me necesites.

domingo, 17 de mayo de 2009

Ramón Piñeiro, Letras Galegas 2009


Neste últimos escoitei a miúdo a descreída e moitas veces despectiva opinión de que se lle adicaba o Día das Letras Galegas a figuras de pouca envergadura intelectual tal e como amosaba o descoñecemento que se tiña delas. Tal afirmación, ademais de revelar unha tremenda ignorancia, xustificaba máis ca nunca a celebración dunha festa de exaltación da creatividade literaria galega, nacida en 1964 co fin de recordar a calidade dunha cultura por entón esquecida e denostada. Hoxe, coa homaxe que se lle fai a Ramón Piñeiro (Láncara, 1915-Santiago, 1990), penso que esas infames ideas de que xa non quedan literatos ou intelectuais galegos mortos dignos de recordo quedan totalmente desarmadas.

Ramón Piñeiro exemplifica mellor ca ningún outro a altura da intelectualidade galega e galeguista que soubo manter a dignidade da nosa lingua e da cultura popular durante os tempos da castrante dictadura franquista, ó mesmo tempo que desenrolaba unha laboura de concienciación da mocidade galega universitaria, abríndolle as portas das correntes intelectuais europeas. É moi significativo o feito de que Piñeiro traduciu ó galego a Heidegger. ¡Cantas fructíferas reunións se produciron entre os vellos e os novos galeguistas no piso que García-Sabell lle cedera a Piñeiro no número 15 da mítica rúa Xelmírez de Compostela! Toda a Xeración das Festas Minervais (Franco Grande, García Bodaño, López-Casanova, Méndez Ferrín, Casares, Bernardino Graña, Paco Carro...) pasou por ese piso nos sesenta. Ademais, Piñeiro foi cofundador de dúas das máis importantes canles de expresión do galeguismo cultural, a editorial Galaxia e a revista Grial. Asemade, destacouse coma un destacado cultivador do ensaio filosófico, afondando na idea da "saudade", tan propia do mundo luso-galaico.
Xa na democracia, Ramón Piñeiro foi o impulsor de que tódolos partidos asumisen principios galeguistas, para evitar que a cultura galega fose identificada cun só partido e sofrise, con calquera posible cambio político que acaecese no futuro, a persecución da que fora obxecto nos corenta anos anteriores. Criticouselle moito por isto dende posicións nacionalistas, pero o certo é que, gracias a esa opción, hoxe a cultura galega é patrimonio común de tódolos galegos, a diferencia do que pretende, por exemplo, o PNV coa vasca.

Hoxe sinto unha gran ledicia de que se lle recoñeza en toda Galicia a Ramón Piñeiro a súa gran contribución á digna consideración da cultura galega e á vinculación da súa intelectualidade con Europa. Figuras como a súa son un orgullo para tódolos galegos e demostran que, por pequena que sexa a súa comunidade de falantes, unha lingua e a súa literatura poden teren figuras comparables ás de calquera gran literatura mundial; heroes da fala nos tempos do silencio.